A Secretaria Xeral para o Turismo, María Carmen Pardo, ten o pracer de convidalo a vostede e a todos aqueles que o desexan, a acompañarnos ás actividades que terán lugar os vindeiros días mércores 24 e venres 26 de novembro de 2010 na cidade de Ourense no marco do proxecto europeo “LOCI IACOBI Lugares de Santiago, Lieux de Saint Jacques. Este proxecto desenvolvese co apoio da Unión Europea a través do Programa Operativo de Cooperación Transnacional no Espazo Sudoe 2007-2013 e ten por obxetivo a investigación, a promoción e a dinamización turística e cultural do Camiño de Santiago como itinerario cultural de alto valor histórico nos territorios socios do proxecto, que son os que seguen: Diócese de Beja en Portugal, Communauté d’Aglomération de Le Puy-en-Velay en Francia e esta Secretaría Xeral para o Turismo como Xefe de Fila del proyecto.
Para máis información sobre as actividades que se realizarán durante estes días vostede ten a súa disposición o tríptico que lle adxuntamos nesta noticia.
A continuación expoñemos un breve resume das xornadas:
Mércores, 24 de novembro de 2010.
Ás 21h00 de este día, vostede poderá disfrutar no Teatro Principal de Ourense, do Concerto do grupo galego “Milladoiro”.
Esta invitación ofrécelle a posibilidade de que vostede asista ao concerto con un acompañante.
Prégase confirmar asistencia no correo electrónico: paz.astray.delafuente@xunta.es antes do vindeiro venres 19 de novembro de 2010.
Unha vez que vostede confirme a súa asistencia, poderá recoller unha ou dúas entradas, segundo prefira, no propio Teatro Principal de Ourense.
Vernes, 26 de novembro de 2010
Vostede e todas aquelas persoas que desexen que lle acompañen, están convidados a participar no Seminario Temático de LOCI IACOBI cuio título é “Iconografía e pezas clave do Camiño de Santiago dende Beja e Le Puy a Santiago de Compostela”. Este Seminario terá lugar no Salón de Actos do Edificio Simeón-Centro Cultural da Deputación de Ourense, a partir das 09h30 e ata as 18h30. Neste Seminario contarase coa presencia de reconocidos expertos do Camiño de Santiago nesta temática, que proveñen dos territorios dos socios, Francia e Portugal; así como da propia Galicia y de outros países da Unión Europea. Además, estes Seminarios Temáticos, celebrados ao longo da vida do proxecto nos diferentes territorios socios, permiten a transferencia de información e coñecementos entre os socios do proyecto, o cal posibilitará a recopilación de boas prácticas como resultado tanxible destes encontros.
Prégase confirmar asistencia no correo electrónico: paz.astray.delafuente@xunta.es antes do vindeiro venres 19 de novembro de 2010.
Para formalizala inscripción ao Seminario, deberase inclur neste correo electrónico a seguinte información por cada asistente: nome, apelidos, DNI, e-mail, teléfono, si vostede é estudiante ou ven de uhna empresa ou institución.
Ao remate deste Seminario Temático, todos aqueles que o desexen están convidados á inauguración da Exposición Itinerante “Loci Iacobi – Lugares de Santiago, Lieux de Saint Jacques”, na sala-hall do Edificio Simeón da Deputación de Ourense, onde poderá ser visitada ata a sua clausura o 9 de xaneiro de 2011.
A continuación servirase un viño galego.
Prégase confirmar asistencia no correo electrónico: paz.astray.delafuente@xunta.es antes do vindeiro venres 19 de novembro de 2010.
RSS suministro para comentarios de este artículo. TrackBack URL
Seminario “O Caminho de Santiago e a Identidade Europeia”
LOCI IACOBI en Ourense: 24 e 26 de Novembro de 2010.